Disponible online mediante registro | Resumen Ejecutivo impreso 1/EE 11(21)
A Economía Galega. Informe 2020-2021 permítenos comprender en que grao a pandemia afectou os nosos sistemas económicos, tanto a nivel internacional, como nacional e autonómico, e convídanos a comprobar como todos os indicadores parecen confirmar o inicio da esperada recuperación para o segundo semestre de 2021. Dedúcese o impacto algo menos profundo en Galicia, debido á menor dependencia do turismo, á resistencia do seu mercado exterior e a unha presenza considerable dos sectores primarios (agricultura, pesca e gandería) no seu PIB.