O sector presenta, tal e como se reflicte na Estratexia, unha serie de problemas que é necesario afrontar, como a mellora da base territorial das explotacións, a sucesión, a problemática medioambiental, o aumento do nivel de transformación industrial en Galicia cara a produtos de alto valor engadido, ou a mellora do ecosistema da I+D+i, entre outros. A pesar disto, a elaboración desta Estratexia establece, cun enfoque integrado e cunha visión de futuro, os obxectivos estratéxicos, as medidas necesarias e unha batería de accións a desenvolver para consolidar a Galicia como unha das principais rexións lácteas de Europa, con un alto nivel de competitividade, sostibilidade e capacidade de resiliencia.